Noite de San Xoan en Galicia

Hola a tod@s...
 Hoxe é a Noite de San Xoan...hoxe toca facer cacharelas ou lumieiras ou como dicimos os de Ferrol...luminarias....imos celebrar a chegada do solsticio de verán...e imos saltar as cacharelas...imos pisar as cinzas ainda quentes...imos bailar o redor das nosas lumieiras..e comeremos sardiñas con pan...e tomaremos unha boa Queimada...e diremos o conxuro máxico...
O Conxuro

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras.
Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas.
Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregon da morte, foucinho do satiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida.
Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nos desta queimada.

E finalmente...mañá a mañá lavaremos a cara coas herbas de San Xoan e completaremos así o ritual...fora meigas¡¡¡¡¡

Comentarios

  1. Hola Kericolo, yo como no pude ir a ninguna luminaria, hice lamía propia en un cenicero, en el salón de mi casa. Escribí todo lo negativo que hay en mi vida, lo feo, lo desagradable y a continuación lo quemé,para que la mala suerte se desaparezca con el fuego, no sé si me dará suerte, pero fue un ratito particular, así que ya ves, hay otras formas de celebrar esta noche tan especial, verdad? Vicky.

    ResponderEliminar
  2. Espero que su pequeño ritual casero te de resultado y tengas toda la suerte del mundo...un beso Vicky

    ResponderEliminar
  3. Gracrias por tu visita, gracias también por compartir tu celebración sanjuanera con nostros.

    Raúl
    El alma difusa.

    ResponderEliminar
  4. mas vale tarde que nunca¡¡¡;)espero que lo pasaras bien¡¡feliz entrada del verano¡¡¡besos

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández