A Gramola Gominola
Ola de novo¡¡
Preséntovos o libro-festa, está é unha nova categoría de libro que me inventei hoxe, pero esto é o que a Editorial Galaxia fixo co libro-disco de titulo "A Gramola Gominola" coa colaboración da ilustradora Lidia V. Cardeiro e coa participación do grupo A Gramola Gominola, Mine e Mero ou Luís Tosar entre outros.
Tarde de domingo, mocalleira, triste, os debuxos da tele xa os ten máis que sabidos...maña é luns, toca ir ó cole de novo...os ánimos están ben polo chan, alí tiradiños e pisoteados...¿que facer para poñer os cativos en acción?...Montas na cociña un picnic, con bocadillos, lambetadas e doces...montas a mesa no salón...mandas ós cativos para a súas habitacións a buscar ropar para se disfrazar, te disfrazas ti tamén e sacas a maxia en forma de libro....poñes o disco en acción....EEEE AAA BAAAILAAARRRRRRRR¡¡¡¡ AAA CAAANTAAARRRRRR¡¡¡ AA DIIIISSFRUUUTAAARRRRRR¡¡¡
Afirmo dende o meu sofá que a cousa funciona¡¡ O libro mete medo de bonito e divertido que é, cores por todos lados e cancións modernas e entretidas e con títulos tan suxerentes como Monstro, Barriga Verde, Cromos entre outros, farán marabillas nos vosos nenos que aprenderán as letras e ó mesmo tempo aprenderán a recoñecer os diversos ritmos da música...aqui un pouquiño de rock, por alá un pouquiño de country, a música pop faite dar chimpos ou o reggae romper o pescozo de tanto ires para adiante e para atrás coa cabeza, e entre todos estes estilos musicáis farán que movades o corpo enteiro, rir cos rapaces, e pasar unha tarde estupenda.
O libro vai cunhas ilustración que falan claramente do estilo de música que acompaña as letras, están cheas de cor e bonitos diseños que farán voar a imaxinación dos máis peques da casa e da vosa estou segura que tamén. Máis non contentos con esto, a Editorial inclúe unha sopa de letras coa que teredes os pequenos da casa entretidos durante un bo intre.
Agora mesmo podo diciros que é o libro máis bonito que teño na miña estantería de libros, un libro ilustrado, moderno, un libro con vida e alegre¡¡, un recurso que sempre os pode alegrar a tarde en momentos complicados ou tristeiros se hai picariños polo medio. Parabéns a Editorial Galaxia e tamén ós que colaboraron con vos para facer unha pequeña xoia coma A Gramola Gominola, unha idea xenial¡¡
Comentarios
Publicar un comentario