"A mamá que perdeu as cóxegas" de Clara de Roxo

Ola ¡¡

 "A mamá que perdeu as cóxegas" e o orixinal título que a súa autora Clara do Roxo elexiu para o seu libro, editado pola Editorial Galaxia. Un título que xa de por si amosa que temos un pequeno problema que resolveremos non sen facer primeiro algunha que outra indagación.

É un feito que os cativos prestan atención ó seu arredor aínda que nos ás veces non o vemos. Mesmo parece que os nenos só están a xogar, ou a ler, ou a mirar a tele, pero só é un parecer, o cativo está cun ollo a xogar máis o outro ollo está atento ó seu arredor.

O cativo está  coa función "APRENDER" sempre en "ON" esto  o leva a observar, comparar e analizar a realidade que ten máis cerca, o pai, a nai, a irmá, os amigos, todo é obxeto da súa observación e análise. Pero ás veces ó neno faltalle información que o leva e chegar a conclusións non sempre acertadas. ¿E por qué lle falta información? Porque os que estamos ó seu arredor, ocultamos o que pasa para protexelo e que non sufra. Máis non  é a mellor idea, ocultamos estes problemas ós cativos porque temos dificultades para explicar os malos momentos da nosa vida con palabras que eles comprendan. Ó ocultarlle os malos intres que acontecen no fogar, tamén lle mandamos a mensaxe desacertada de que as cousas sempre van ben, cando o que ten que aprender é que as cousas na familia e na vida non sempre son como queremos, e que hai que afrontar as dificultades unidos.

Neste libro atopamos unha maneira sinxela de facer ver e comprender algúns destes problemas ós nenos.  Clara do Roxo neste libro atopa o elemento clave que axudará os pais: as cóxegas¡¡  Só un neno fixaría a súa atención na falta de cóxegas, pois é un elemento que acerca as risas ós cativos e que son síntoma de que a cosa vai ben. 

Pancho, o cativo protagonista desta historia, xunto coa súa amiga Vera, lánzase a investigar cal é a causa que está a romper a paz que reinaba na súa casa, cales son os posibles problemas que poden facer cambiar a actitude dos seus pais para así saber que ten que facer él para devolver todo a normalidade. A acción dos cativos desenrólase en nove capítulos cortiños nos que Pancho segue todos os pasos da investigación e intenta por todos os medios conseguir que as cóxegas volvan de novo xunto a súa nai. Estes nove capítulos están acompañados polas ilustracións de Ana Francisco e Jorge Vázquez nun libro que non alcanza as cen páxinas e rematadas cunha orixinal biografía de Clara do Roxo.

A autora, no seu libro "A mamá que perdeu as cóxegas" deixa nas nosas mans un libriño pequecho, ideal para ler cos nenos, que fai ver a cantidad de pensamentos erróneos que un neno pode ter tras escoitar a famosa frase "é cousa de maiores", e a sensación que poden ter de que o están a deixar a un lado. Amosa a importancia de incluir ó neno nos problemas da casa, pois así  poderá crecer sen traumas e sen problemas xa que se lle fai partícipe das cousas da familia e se lles explica con maneiras suaves as claves do que está sucedendo no entorno familiar do que él forma parte.

Por outro lado tamén ensina ó cativo os posibles problemas que pode haber na familia e cales son os comportamentos que él pode levar a cabo para axudar e resolver certas dificultades no seu fogar namentras as solucións asoman pola porta pouco a pouco. A súa axuda na casa é mostrada como algo importante e bo para a boa marcha no fogar. A importancia do apoio dos amigos nos malos momentos tamén se amosa a través do apoio de Vera. Amosa as diferencias que existen nos distintos tipos de familias, unha familia cunha mai soa e a súa filla supón cousas diferentes que unha familia na que o nucleo familiar permenece unido e que ambas opcións son válidas para vivir.O libro ten moitas lecturas e Clara do Roxo, de forma maxistral, toca moitos témas difíciles a hora de explicarllos a un neno dunha maneira moi natural e con palabras fáciles de comprender para o pequeno.

Pareceme un libro moi util, un bo recurso para explicar as cousas complicadas que ten vivir nunha familia. Sin dúbida un bo libro para ter na casa cando hai pequenas e pequenos de por medio. Un gran tesouro para agasallar os nenos e que aprendan xunto cos maiores. Encantoume¡¡

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández