Novidades da Editorial Galaxia
Aquí tedes unha das novidades da Editorial Galaxia que eu pronto leeréi e que sae con motivo do próximo Día das Letras Galegas, adicado ó escritor Xosé Filgueira Valverde.
Autor: Xosé Filgueira Valverde
Titulo: Quintana Viva
Colección Literaria
Ed. Galaxia 2015, 136 páxinas
PVP 12 € Ive incluido
Acuarelas do vivir galego
Coincidindo co Dia das Letras Galegas dedicado a Xosé Filgueira Valverde, Editorial Galaxia comeza a publicación da Biblioteca Filgueria Valverde, unha serie que, integrada na colección Literaria, se inicia co seu libro de relatos Quintana Viva. Esta biblioteca de autor irá ilustrada en cuberta coa obra pictórica de Ovidio Murguía.
Neste libro, Filgueiira Valverde recolleu relatos escritos durante cincuenta anos. O propio autor define estas pezas literarias como "pequenas refendas, en prosa poética, encetadas con 'Os nenos', narracións do feitío que Castelao soubo axiña soerguer coma niguén e nomear para sempre cousas" e continuadas noutros contos, aquí seleccionados en función da súa unidade e, tamén en verbas de quen os escribiu, por seren os que "mellor espellan o seito que tivemos os mozos dos anos vinte de enxergar o vivir galego".
Precisamente é esa frase, "o vivir galego", a que describe con maior exactitude o punto de vista desde o que se concibiron estes relatos que, nunha escena ou no retrato duns personaxes, condensan un xeito de vivir e de entender o mundo literariamente vencellado a unha identidade. Ademáis, cómpre salientar nestas prosas o interese do investigador por "escudriñar na fala e no estilo das xentes"; interese que Filgueira Valverde asocia ao herdo deixado polo "espírito dunha impar rolda de verdadeiros mestres".
En Quintana viva, recóllense alguhas das mellores páxinas da obra literaria de Xosé Filgueira Valverde. Recreación de personaxes e escenas dun tempo ido que, cos seus relatos, volven abrallar coa cor vivida e ricaz trazada pola man áxil e coidadosa dun acuarelista maxistral.
Comentarios
Publicar un comentario