Novidades da Editorial Galaxia

Ola a tod@s

Traiovos unha novidade da Editorial Galaxia que estou segura que vai gustar. Un libro moi bonito para facer un bo agasallo


Título: Centro histórico de Vigo. Guía visual.
Autor: Basilio Cegarra
Editorial Galaxia 2015, 88 páxinas
ISBN: 978-84-9865-559-9
P.V.P: 20 € Ive incluído




O castro prehistórico e as fortalezas da cidade amurallada, a luz do Paseo de Afonso, o Berbés e o urbanismo dos mariñeiros; San Francisco e a Concatedral, a Pinacoteca, espello da arte galega; o mar retraído na Pedra e a Laxe; as prazas da Constitución, a Princesa e a Porta do Sol, que lindan co Vigo novo; o barrio alto cada vez máis renovado...

Esta guía de Basilio Cegarra é un intenso percorrido visual polos recantos máis emblemáticos do centro histórico de Vigo. Case 400 fotografías que ilustran a transformación que, paseniño, foi mudando e mellorando lugares que durante décadas foron obxecto de deixamento.

"Centro histórico de Vigo. Guía visual" é unha ollada imprescindible para gozar dos lugares para o ocio e para a cultura que acolle o histórico barrio vigués.

Unha viaxe pola vida dos antepasados, un andar cara ao futuro.

Basilio Cegarra é profesaor de Historia e Historia da Arte en Educación Secundaria. Publicou varios libros sobre arte de Galicia e historia local de Vigo, así como traballos didacticos para o ámbito do ensino. Realizou tamén documentais de carácter cultural, entre eles os dedicados ao centro histórico de Vigo, espazo urbano do que posúe un completo arquivo de fotografías e vídeos das últimas décadas. Unha parte desa documentacion gráfica estará dispoñible proximamente en Internet.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández