"Almas de algodón" de Enric Lluch

De novo de volta, e nesta ocasión falando dun pequeno libro infantil de título "Almas de algodón" do escritor Enric Lluch

A Editorial Galaxia trae un libro para os pequenos cunha traduccion feita por María Dolores Villanueva Gesteira e tamén cunhas ilustracións de Pablo Oliveiro en branco e negro que farán a lectura moito más amena os mais pequenos da casa.

Nesta ocasión, teremos nas nosas mans un libro no que tocarán o téma da discapacidade intelectual, e o farán dunha maneira amena e cun vocabulario fácil de entender para os nenos. Coñeceredes ó pequeno Carlos, un neno con memoria pequena, pero un gran neno. Saberedes das súas dificultades para adaptarse as novas situacións, das complicacións que para él supoñen as pequenas cousas da vida e os problemas que pode ter para coñecer amigos dada a incapacidade que as veces ten a sociedade para aceptar as diferenzas que teñen os demáis e para entender o que é unha discapacidade intelectual e como tratar con as persoas que son así.  Tamén verán cómo nos colexios axudan e apoian ós nenos con diversidade intelectual, e como co apoio escolar, das familias e dos seus amigos, estes cativos intégranse dentro da nosa sociedade.

Este libro toca o téma dunha maneira delicada e fará ver ós vosos cativos que todos temos dificultades para facer ou aprender as cousas, non só as persoas con diversidade intelectual, e que con axuda uns dos outros sempre podemos sair adiante. Aceptar as diferencias dos demáis sempre é bo, enriquecedor xa que non só aprendes formas distintas de afrontar a vida, senón que aínda por riba coñeces xente maravillosa que enche a túa vida de ledicia.

De cara ó final do libro atoparedes un epílogo moi interesante onde con palabras fáciles, explícaselle ós nenos o que é unha discapacidade intelectual e cómo funciona a mente dunha persoa con este tipo de dificultades. Unha forma moi agradable para que os nenos acepten con normalidade este tipo de situacións e que aprendan a solventar os medos e inquietudes que atoparse con persoas con diversidade intelectual pódelles ocasionar.

Unha ferramenta fundamental para a integración é a educación, é vital ensinar as nosas sociedades a aceptar a todas as persoas "diferentes" por ter unha diversidade funcional ou intelectual, e a lectura deste tipo de libros fará que os nosos pequenos formen nun futuro próximo unha sociedade integradora, que apoie e axude a que estas persoas podan levar unha vida plena, é un traballo de todos. Eu non dubidaría un instante en poñer nas mans do meu fillo este libro, porque o fará pasar un agradable rato coa lectura e o fará crecer como persoa.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández