Fragmento de "Almas de algodón" de Enric Llunch
"O mestre comeza a debuxar figuras no encerado. Cando acaba, pregunta a un neno da primeira fila como se chama a primeira figura que debuxou:
-Rectángulo- contesta o rapaz.
A continuación, sinala a segunda figura e pregunta coa súa voz forte:
-A ver, o novo, como se di esta?
Carlos sente un bum-bum no medio do peito. Centra a vista atentamente no debuxo e contesta cun fiíño de voz:
-É unha tenda de campaña...
Toda a clase escacha a rir. Ata o neno gordo da esquerda da palmadas sobre a mesa mentres ri con toda a forza.
Xaime manda calar o barullo e observa a Carlos como o faría un gabíán.
-Asi que unha tenda de campaña...-e engade-: Á hora do recreo espérasme, que teño que explicarche algo.
Un pouco despois soa o timbre. O mestre fai un sinal e todos saen da clase. O neno gordo, mentres pasa por diante de Carlos, rosma:
-Ti es parvo ou que?
A nena con pencas non dá un chío. Tan só pasa ao seu carón máis estirada ca unha palmeira."
Comentarios
Publicar un comentario