jueves, 25 de mayo de 2017

Fragmento de "Moito Morro Corporation, sociedade ilimitada" de Carlos Labraña

"Nita: Coidado, isto está cheo de xente! Mira o sofá.
  Rita: Desde cando a xente dorme nos bancos?
  Nita: Desde que lles quitan as casas.
  Rita: Non sei..., Nita, isto paréceme un pouco raro.
  Nita: Ti ves cousas raras en todos os sitios
  Rita: Só cando o son
  Nita: Isto vainos dificultar un pouco as cousas. Temos que andar amodiño para non espertalos.
  Rita: Non será mellor vir outra noite que estea ísto máis despexado?
  Nita: Diso nada! Agora que estamos aquí non imos  marchar cos petos baleiros. Este banco non vai quedar cos nosos cartos de ningunha das maneiras.
  Rita: Ben, pero collemos só o que nos deben.
  Nita: E os xuros, fataba máis! Agora hai que mirar por onde cae a caixa forte. Sígueme!

Nita e Rita procuran silandeiras pola oficina.
  Nita: Con tanto moble isto parece un labirinto!
  Rita: Pois vai amodo, non vaias enfociñar!
  Nita: (Afastándose da irmá) Vexo algo!
  Rita: Agarda por min!

Nita bate coa caixa e magóase.

  Nita: Aaaiii!
  Don Faustino: (Sen abrir os ollos) Ringo...
  Ringo: Non fun eu...

Don Faustino e Ringo volven durmir.

  Rita: Nita, ten máis coidado, que nos van descubrir.
  Nita: Shisss!!! Xa atopei a caixa forte, e é grande coma un mundo. Debe de haber unha morea de diñeiro dentro.
  Rita: Lembra, só imos coller o noso.
  Nita: Cala dunha vez! (Apalpando a porta) Esta é a nosa noite de sorte. Tamén deixaron a caixa forte aberta !
  Rita: Isto cada vez fústame menos. Quizais sexa unha trampa."

No hay comentarios:

Publicar un comentario