"Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada" de Carlos Labraña

O autor Carlos Labraña e a Editorial Galaxia traen o libro "Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada" ata as librerías e ata as vosas casas. Unha achega chea de cor e de diversión, pero tamén chea de información importante para os nenos e nenas.

Da man dun circo, que tanto lles gusta os cativos, e dos seus integrantes, o autor ten a boa idea de contarlles os problemas que a crise trouxo a moitas empresas e particulares. 

Nesta ocasión o circo ven a representar a todos eses que pasaron por problemas graves por causa da crise, e a través dun díalogo intelixente e rápido, vai achegando as causas e consecuencias da crise, e o por qué de moitas das situacións que os nenos foron vendo nos noticiarios de todas as televisións, e incluso,  nos seus colexios.

Nunha sociedade como a nosa, onde os medios de comunicación invaden todo, os nenos van escoitando cousas aquí e alí, fragmentadas e moitas veces incomprensibéis, é importante por tanto facerlles comprender dunha maneira amena e suave cómo funciona o mundo para que nun futuro se poidan defender mellor.

O autor crea nesta ocasións uns persoaxes coloristas, divertidos e moi simbólicos, salientar a imaxe e a descripción que fai dos homes voitre e a súa función, a súa ambición e falta de moral absoluta. A carectización dos mesmos, xa fai comprender os nenos que estamos ante os malos da "película", xente coa que hai que ter coidado. A imaxe sorprendente do banqueiro que foxe para as Bahamas, e o director do circo desesperado por levantar o seu circo e sair adiante, así como evitar que Dona Forreta quede co circo e os seus integrantes. Rita e Nita que queren coller o que os bancos lles roubaron...Un circo moi moi simbólico .

Maravillosas e divertidas tamén son as ilustracións deste conto pequeno, veñen da man de Rodrigo Chao e farán que os nenos disfruten ainda máis do libro. Recordar ademáis que éste libro recibiu o Premio Gala do Libro neste ano na categoría de Teatro.  Unha boa ferramenta para aprender lendo¡¡

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández