"O caso Quintana" de Miguel Alonso

Traio ata as vosas mans un libro novo, de Miguel Alonso, autor e cantautor galego, de título "O caso Quintana" o libro ven da man de Belagua Ediciones. Aquí deixo a sinopse e a información sobre o seu autor que resultará do voso interés.

Sinopse:

Sara Porto devece por desempacar a súa maleta e comenzar a súa vida universitaria. Independencia, novas amizades, festas...Qué pode sair mal?. Porén, axiña descubrirá que a universidade alberga tamén segredos e misterios, algúns deles soterrados no pasado.

Nos corredores da facultade de Psicolosía, Sara atoparase con personaxes que farán máis peculiar e único o seu primeiro ano, pero ninguén tan excepcional como Laura Mariño, a súa compañeira de cuarto. Irreverente, intelixente e extraña. Unha rapaza pouco convencional, cun xeito propio e diferente de moverse polo mundo.
Xunto a ela vivirá a aventura máis grande e perigosa da súa vida: a investigación de dous asasinatos cometidos na propia facultade.


Miguel Alonso (Ferrol,1984)

Miguel Alonso é licenciado en Psicoloxía, músico e escritor. Conta con varios discos publicados e recibiu prestixiosos premios tanto a nivel galego como no estado español, entre os que destacan o Xuventude Crea (2010) e una Axuda a Creación Nova de Injuve (2013). 

Como poeta e escritor de relatos curtos recibiu varias distincións e participou en diferentes publicacións colectivas, entre as que destacan "Pegadas"(2011), "Dez anos na porta" (2016) e "Aldeas sen voz"(2016).

"O caso Quintana" é a súa primeira novela.



Próximas presentacións da sua novela:

30/06/2017: Feira do Libro de Vigo (Presentación)
05/08/2017: Feira do Libro de A Coruña (Presentación) 

Moita sorte Miguel¡¡

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández