Incursións na Literatura Infantil

Ola¡¡

Aquí veño cargada de libros infantís con unha moi boa pinta e recomendados por unha nai (Aida)  apaixonada pola literatura en xeral e pola infantil en particular pois ten dous cativos ben guapos, e da súa man deíxovos uns cantos libros fantásticos para mercar ou agasallar. 

 A miña amiga díxome que "A nena e o grilo" é coma un conto cantado e que ten o libro coma un tesouro. A Editorial OQO, vai polos concellos facendo actuacións dalgún dos seus libros, e ó remate dese espectáculo regalan o libro ós asistentes. Así os coñeceu ela.  Xeralmente son libros cunha estética moi coidada e sempre libros con mensaxe incluido para a ensinanza dos pequenos. Os espectáculos que ofrecen son moi divertidos para os nenos e moi moi especiáis.

Estas recomendacións veñen da man dos seus cativos Manu e Brais, así que veñen de persoas moi expertas na materia, prégovos as tomedes con moita moita seriedade, porque saben do que falan¡¡

Dende aquí o meu agradecimiento polos sabios consellos e as recomendacións moi interesantes...Un bico para os tres.

"A nena e o grilo" de Magín Blanco & Ivan Prieto
 
 Editorial: OQO editora
 Colección: Q son
 libro + CD
 64 páxs.
 cartoné
 ISBN: 978-84-9871-259-9
 13x19 cm
xaneiro 2010

Estas cancións aloumiñan os oídos, pero tamén contan historias. Falan dun país onde as portas sempre están abertas e ninguén se sente estranxeiro. Alí viven unha nena azul e mais un grilo que, para escapar do aburrimento, inventan mil pasatempos.

A nena e o grilo é o novo libro-CD que agora ve a luz dentro da colección máis musical de OQO editora, Q son. Un mosaico de textos, cancións e debuxos conforman este volume no que o coñecido compositor Magín Blanco se encarga de encaixar todas as pezas. Mais o músico ourensán non está só, nesta aventura acompáñano as carismáticas e persoalísimas voces de Uxía, Fred Martins, Guadi Galego, Ugia Pedreira… e ata un coro de nenos. Eles poñen a música, e Iván Prieto, as imaxes.

O ilustrador galego utiliza unha multitude de recortes con diferentes tonalidades e texturas para as imaxes. A aposta de Prieto pola colaxe débese a que é a técnica que mellor lle acae a esta historia híbrida e heteroxénea. Ademais, decántase por unha estética actual, e sitúa as aventuras dos protagonistas no marco da cidade, onde explota elementos urbanos como a publicidade, ou os carteis.

A linguaxe, alén de ser un dos eixos temáticos de A nena e o grilo, goza dun protagonismo especial dentro das páxinas. Unhas veces, Iván Prieto resalta as palabras mediante a tipografía e outras, nun intento por integrar o texto nas ilustracións aproveita certos espazos das imaxes como contedores textuais: unha pinga de auga, o ubre dunha vaca, o tronco dunha árbore…


Se queredes saber máis, vide aqui


"O Embigo de Xanecas"  de Ramón Aragüés & Francesca Chessa

 
 Editorial: OQO Editora
 Colección: Colección O
12,90 €
ISBN: 978-84-9871-226-1
36 Páxinas
Cartoné
25x23 cm
Marzo 2010

 Xanecas tiña catro anos, e coma todos os nenos a esa idade, era moi curioso. O que máis lle gustaba no mundo era explorar, e case cada día facía un descubrimento novo.

Precisamente dunha desas pequenas descubertas cotiás fala esta historia saída da imaxinación de Ramón Aragüés e que comeza un día á hora do baño.

Seu pai refregáballe as orellas, os xeonllos, os cóbados e os pés. Para apurar máis, Xanecas fregábase co xabón. De repente, afundíuselle o dedo. Que pasara? Que metera o dedo no embigo! Desta maneira o noso protagonista descubriu que tiña un burato na barriga, pero tan intrigado quedou que desde aquela sempre estaba a preguntar: Pero, por que teño embigo?

E é que Xanecas está a experimentar unha das etapas infantís máis divertidas: a das preguntas. Durante este período, os pequenos queren saber o porqué de todo o que os rodea, e coma neste caso, acoden a aqueles que teñen máis cerca: a papá, á irmá máis vella, ao avó, a mamá…



Se queredes leer máis, ide aquí

Agora marcho, outro día máis e mellor. Un saúdo...ale...a leer¡¡

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández