"Bágoa de lúa" de Sabela González

"Bágoa de lúa" é o título do primeiro libro da triloxía "As crónicas de Landereina", da escritora Sabela González, e editado pola Editorial Galaxia.

Unha triloxía do xénero de literatura fantástica onde a través de incríbeis persoaxes Sabela Gonzáles lévanos ata a fronteira do coñecido para enfrontarnos a novas situacións, lugares e persoaxes que non son o que aparentan ser, poderes descoñecidos impensábeis nunha persoa pero que a todos nos gustaria posuir, malos malísimos que queren dominar todo ó seu aredor e valentes loitadores que queren o ben para todos aínda que elo conleve a perda da súas propias vidas. Non sería fantástica esta novela si nela non houbera obxetos de poder..eses obxetos poderosos que caídos nas máns erradas poden perpetrar grandes danos a humanidade toda e ó que non é humanidade tamén, e ahí temos unha pequena "pinga do ceo" que volverá tolas a dúas nenas, indo dun lado para outro para salvarnos a todos.

Con boas descripcións dos lugares por onde a aventura vai xurdindo, coñeces as protagonistas , duas xóvenes mulleres que xuntas loitan contra outra muller descoñecida pero que  o quere dominar absolutamente todo. Unha loita pola liberdade e contra a opresión de calquera forma de goberno escuro e tiránico a través da cal atorparedes un montón de persoaxes secundarios ainda que moi importantes para a acción, que non os deixarán indiferentes, centauros, elfos, amazonas ou druidas malvadas que vos farán unha lectura moi amena e divertida. E logo por suposto, os brazos executores das maldades, que veñen de man dos kaihumm, un enorme exército que vai oscurecendo todo ó seu pasao, deixando só medo e morte ó seu aredor.

Con ben calculados saltos no tempo, Sabela preséntanos aquí a parte da familia Gheiroez, os saltos o pasado farán comprender a situación presente na que están inmersas Berenguela e Güenaela, estes saltos fan que a acción sexa máis lixeira e a autora corta a acción no momento máis interesante para manter a intriga, un dos ingredientes clave na novela fantástica. A consabida loita entre o ben e o mal, a cobiza, a amizade, a lealdade, a traizón son algúns dos témas que se ven nesta novela, así como a tiranía e a loita pola liberdade dos pobos. E por suposto, un final aberto no que te quedas coa mel nos beizos ata que consigas a segunda parte da Triloxía

Así que unha obra pequena, dividida en cinco partes que son cinco saltos no tempo, un amuleto máxico, persoaxes imaxinarios, maxia por todos lados e moitas aventuras fan desde libro unha lectura moi divertida e rápida, ben urdida que os fará pasar unha tarde vertixinosamente. O que máis me gusta da obra é que  nunhas dúas centas páxinas relátase unha interesante narración fantástica. Un exemplar da nova literatura galega e do saber facer dos nosos novos escritores¡¡ Todo un paseo pola imaxinación de Sabela González e unha experiencia moi agradable ler as súas letras. Eu vou pola seguda parte da triloxía, e xa volveréi nuns días para contarvos mais cousas desta interesante novela.

Comentarios

  1. Moitas grazas polas túas palabras! Así dá gusto seguir esforzándose :) Apertas!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas a ti por facerme pasar bos momentos de lectura. Unha aperta para ti tamén Sabela.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández