Francisco Castro

Francisco Castro naceu en Vigo en 1966. É escritor en lingua galega e escribiu para todas as idades. Parte da súa obra está traducida para o castelán, catalán, italiano, portugués do Brasil...Traballa como editor de Literatura Infantil e Xuvenil e corrdinador de Novos Proxectos na Editorial Galaxia.

No ano 2010 foi  elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix)


Autor da novela erótica "Xeografias", de "A canción do náufrago", ambos de 2001, e do relato histórico "Memorial do infortunio". En 2004 publicou "Xeración perdida", novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas, e "Un bosque cheo de faias", que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento.

 Entre outras obras escribiu "Spam" (Premio Blanco Amor de novel  2005), para pequenos, En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela "As palabras da néboa", publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica "O ceo dos afogados" que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.

 En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado "Borobó despedido". E no ano 2011 publica "In vino véritas".

 "Chamádeme Simbad" (Lista de Honra en IBBY 2012 e Premio Martín Sarmiento 2011), e, en colaboración con Fina Casal-derrey, "O neno can" (lista de honra IBBY de Osolo como un dos mellores lbros de mundo no tratamento da discapacidade en 2013). Na colección Costa Oeste tamén publicou un dos libros máis lidos nos centros de ensino do país, "O segredo de Marco Polo".

En 2013 resultou gañador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra "O corazón da Branca de Neve" e, en 2014, publicou a novela xuvenil "Tes ata as 10".

Como bloguero o podedes atopar na súa blogue  A canción do náufrago 


Aqui vos deixo unha entrevista que lle fixeron dende Vigopolis onde coñecereces un pouco millor a Francisco Castro e que a min me gustou especialmente.



Francisco Castro from vigopolis on Vimeo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández