"A mamá que perdeu as cóxegas" de Clara de Roxo
Ola ¡¡
"A mamá que perdeu as cóxegas" e o orixinal título que a súa autora
Clara do Roxo elexiu para o seu libro, editado pola Editorial Galaxia. Un título que xa de por si amosa
que temos un pequeno problema que resolveremos non sen facer primeiro
algunha que outra indagación.
É un feito que os cativos prestan atención ó seu arredor aínda que
nos ás veces non o vemos. Mesmo parece que os nenos só están a xogar, ou
a ler, ou a mirar a tele, pero só é un parecer, o cativo está cun ollo a
xogar máis o outro ollo está atento ó seu arredor.
O cativo está coa función "APRENDER" sempre en "ON" esto o leva
a observar, comparar e analizar a realidade que ten máis cerca, o pai, a
nai, a irmá, os amigos, todo é obxeto da súa observación e análise.
Pero ás veces ó neno faltalle información que o leva e chegar a
conclusións non sempre acertadas. ¿E por qué lle falta información?
Porque os que estamos ó seu arredor, ocultamos o que pasa para protexelo
e que non sufra. Máis non é a mellor idea, ocultamos estes problemas ós cativos porque temos dificultades para explicar os malos momentos da nosa vida con
palabras que eles comprendan. Ó ocultarlle os malos intres que acontecen no fogar, tamén lle mandamos a mensaxe desacertada de que as cousas sempre van ben, cando o que ten que aprender é que as cousas na familia e na vida non sempre son como queremos, e que hai que afrontar as dificultades unidos.
Neste libro atopamos unha maneira sinxela de facer ver e comprender algúns destes problemas ós nenos. Clara do Roxo neste libro atopa o elemento clave que axudará os pais: as cóxegas¡¡ Só un neno fixaría a súa atención na falta de cóxegas, pois é un elemento que acerca as risas ós cativos e que son síntoma de que a cosa vai ben.
Pancho, o cativo protagonista desta historia, xunto coa súa amiga Vera, lánzase a investigar cal é a causa que está a romper a paz que reinaba na súa casa, cales son os posibles problemas que poden facer cambiar a actitude dos seus pais para así saber que ten que facer él para devolver todo a normalidade. A acción dos cativos desenrólase en nove capítulos cortiños nos que Pancho segue todos os pasos da investigación e intenta por todos os medios conseguir que as cóxegas volvan de novo xunto a súa nai. Estes nove capítulos están acompañados polas ilustracións de Ana Francisco e Jorge Vázquez nun libro que non alcanza as cen páxinas e rematadas cunha orixinal biografía de Clara do Roxo.
A autora, no seu libro "A mamá que perdeu as cóxegas" deixa nas nosas mans un libriño pequecho, ideal para ler cos nenos, que fai ver a cantidad de pensamentos erróneos que un neno pode ter tras escoitar a famosa frase "é cousa de maiores", e a sensación que poden ter de que o están a deixar a un lado. Amosa a importancia de incluir ó neno nos problemas da casa, pois así poderá crecer sen traumas e sen problemas xa que se lle fai partícipe das cousas da familia e se lles explica con maneiras suaves as claves do que está sucedendo no entorno familiar do que él forma parte.
Por outro lado tamén ensina ó cativo os posibles problemas que pode haber na familia e cales son os comportamentos que él pode levar a cabo para axudar e resolver certas dificultades no seu fogar namentras as solucións asoman pola porta pouco a pouco. A súa axuda na casa é mostrada como algo importante e bo para a boa marcha no fogar. A importancia do apoio dos amigos nos malos momentos tamén se amosa a través do apoio de Vera. Amosa as diferencias que existen nos distintos tipos de familias, unha familia cunha mai soa e a súa filla supón cousas diferentes que unha familia na que o nucleo familiar permenece unido e que ambas opcións son válidas para vivir.O libro ten moitas lecturas e Clara do Roxo, de forma maxistral, toca moitos témas difíciles a hora de explicarllos a un neno dunha maneira moi natural e con palabras fáciles de comprender para o pequeno.
Pareceme un libro moi util, un bo recurso para explicar as cousas complicadas que ten vivir nunha familia. Sin dúbida un bo libro para ter na casa cando hai pequenas e pequenos de por medio. Un gran tesouro para agasallar os nenos e que aprendan xunto cos maiores. Encantoume¡¡
Comentarios
Publicar un comentario