Día das Letras Galegas: Xosé Filgueira Valverde

Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 1906-1996), autor do libro Quintana viva libro reeditado pola Editorial Galaxia  pertence á xeración dos escritores formados no espírito do Seminario de Estudos Galegos, do que foi membro fundador. 

Catedrático de Lingua española e Literatura no ensino secundario, tamén foi dierctor do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, alcalde de Pnteverdar, conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia no primeiro goberno galego, presidente do Consello da Cultura Galega e director do Museo de Pontevedra.

Como escritor, colaborou en moiros dos xornais galegos e en revistas coma Nós e Grial, recollendo a súa abundante producción bibliográfica na serie Adral (nove volumes). Da súa obra literaria, ademáis de Quintana viva (1971), cómpre salientar O vigairo (1927). Parte do seu enorme labor como investigador compilouna no libro Estudios sobre lírica medieval (1992).

Déixovos un video interesante sobre o autor.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández