Novidades Editorial Galaxia


"Fábula"
XAVIER ALCALÁ
Colección LITERARIA
EDITORIAL GALAXIA 2015
292 páxinas
P.V.P: 17 € Ive incluido
ISBN: 978-84-9865-601-5



Publícase a sexta edición de Fábula, novela coa que Xavier Alcala obtivera o Premio da Crítica Española en 1980. O autor da triloxía "Evanxélica memoria" define esta obra agora reeditada como unha novela "adherida á memoria viva". Un long-seller que chega outra volta aos lectores co mesmo pulo da primeira edición.

Xavier Alcalá escriiu Fábula a partir de testemuños do que el denomina "memoria viva" dos feitos. Se toda a obra do autor de A nosa cinza ten unha querencia especial pola recreación de fontes orais e mesmo documentais, esta novela, escrita corenta e tres anos despois do inicio da Guerra Civil e artellada en diferentes planos de acción, tamén é unha recreación de sucesos e personaxes de pasado. O relato organízase, pois, en planos de acción que enfrontan a Guerra e a Transición Democrática, a Galicia da Longa Noite de Pedra e as Américas do exilio.

Gañadora do Premio Cidade da Coruña, a novela emprega "fórmulas estruturais orixinais", segundo a opinión da crítica (véxase o Diccionario da Literatura Galega I). Amor, odio, morte, vinganza e un segredo inconfesable marcan a trama dunha obra que, a parte das sucesivas reedicións en Galaxia, tamén foi publicada por La Voz de Galicia en 2003 e da que se fixo unha versión en castelán en 2011.


XAVIER ALCALA (Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enseñeiro de telecomunicacións, amais de colaborador na prensa, actualmente cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra  á que ían seguir títulos coma A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén a desventura novela coa que obtendría o Premio Blanco Amor no ano 1998. Tamén é autor da triloxía "Evanxélica memoria", na que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012, publicou a novela Verde oliva, sobre a revolución castrista en Cuba.

Comentarios

  1. Fábula!!! Estaba segura de que o tiñamos na casa e tiña razón. Tiven que leelo para un traballo de clase, fai xa bastantes anos disto, así que será un verdadeiro pracer volver a leelo dende o paso do tempo, e con calma e con outra visión da vida e da historia, Gracias . Vicky

    ResponderEliminar
  2. Pois xa sabes Vicky a releeo xa¡¡¡¡ E logo ves a darme unha visita ó blog. Bicos

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández