Novidades da Editorial Galaxia
Ola¡¡ Aqui tedes outra novidade da Editorial Galaxia que ten unha moi boa pinta, animádevos¡¡
Titulo: A identidade fascinada.
Autor: Antonio Piñeiro.
Editorial Galaxia 2015, 164 páxinas
ISBN: 978-84-9865-606-0
P.V.P: 14 € Ive incluido
Editorial Galaxia tira do prelo A identidade fascinada, de Antonio Piñeiro, unha novela híbrida, un ensaio novelado ou crónica dunha época irrepetible, que é tamén memoria dos lugares, das persoas, personaxes e significados dun tempo imcomparable: o da Compostela universitaria e sublime da década de 1980.
Santiago foi afectada, dende 1982 ata 1990, polos maiores incrementos demográficos da súa historia. Duplicábase a poboación durante o período lectivo universitario, mesturándose cunha combinación de traballadores, funcionarios autonómicos, persoal dunha ampla gama de servizos e das ramificacións político-administrativas. Durante eses anos, Santiago recibiu a ensurrada xeracional do baby boom. A poboación universitaria duplicouse tamén. De trinta mil a sesenta mil mozos. "Sesenta mil receptáculos, pisos, establecementos, transportes, servizos, comedores, cuartos, as vellas fondas víronse rebordadas. O paisano con paraugas encontrouse, de súpeto, enmarasmado na súa beirarrúa de sempre, estraño na cidade de sempre", polo que resulta fácil comprender o impacto, a transformación que semellantes cifras por si soas, supuxeron para a cidade, para o campus, para a propia comunidade universitaria e mesmo para toda Galicia.
Antonio Piñeiro achéganos a aquel tempo, aos cambios non soamente acontecidos na cidade senón ao que acabaría por confirmar o paso definitivo da transición política á democracia, simbolizado no atentado contra a discoteca Clangor. Con ese feito remata un libro no que relato, historia persoal e colectiva, ensaio e memoria dun tempo se combinan mediante un estilo literario vívido e eficaz, co que o autor actualiza os feitos e os ámbitos dunha década prodixiosa.
Antonio Piñeiro (Santa Uxía de Ribeira, 1962) publicou a novela As fiandeiras, coa que obtivo o Premio García Barros en 2011. É autor de preto dunha vintena de títulos. Dende o verán de 2004, é o promotor das edicións Bourel, á vez que membro do movemento Barbantia, eixes sobre os que desenvolve a súa presenza cultural e literaria. A súa novela A dama fulxente foi Premio Avilés de Taramancos en 2011, co relato Boxcar Blues acadou o accesit do Premio Modesto R. Figueirido e, con A carreta, o Premio Valle Inclán de narración curta.
Outro máis que teño que conseguir.!!!! Non sei como vou facer para leer tanto, jajajaj. gracias. Vicky
ResponderEliminar