Novidades da Editorial Galaxia

 Aqui tedes unha das  novidades da Editorial Galaxia, espero que vos guste e vos animedes a compralas¡¡



Título: O viaxeiro radical
Autor: Xerardo Quintiá
Colección: Literaria
Editoria Galaxia 2015, 220 paxinas
ISBN: 978-84-9865-612-1
P.V.P: 16 € Ive incluído


Publícase O viaxeiro radical, unha novela de Xerardo Quintiá na que este poeta e narrador conta a historia dun home extraordinario que, encirrado pola busca do inalcanzable, decide vivir á marxe de calquera conveniconalismo ou imposición, en permanente conflicto consigo mesmo e coa sociedade. Unha obra de ficción que volve poñer de actualidade os logros artísticos da primeira literatura moderna -da Nova Heloísa de Rousseau ao Wilhelm Meister de Goethe- e os achados do pensamento idealista do século XIX.

O viaxeiro radical é unha novela baseada na figura de Manfred Gnädinger, artista alemán que en 1962 chegou á vila de Camelle despois dunha longa viaxe cruzando boa parte de Europa. Nese momento comeza a historia dun home extraordinario que, encirrado por un pulo de liberdade, decidiu vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición, en permanente conflito cos que o rodeaban .Un artista ceibe e solitario, marxinal por convencemento e necesidade, que transformou a súa propia existencia coa finalidade de que Vida e Arte se fundisen ata formar un todo indisoluble.

A novela indaga nos aspectos que, en determinados momentos da vida do protagonista o empurraron a tomar decisións controvertidas, e pretende achegarse á cerna do personaxe para comprender a razon da súa radicalidade existencial. Ao mesmo tempo, a ficción leva a quen le a facer unha reflexión sobre aspectos fundamentais que determinan a existencia, tales como o amor, a amizade e a busca do sentido da vida.



Xerardo Quintiá (Friol, 1970), poeta e narrador, publicou os seus primeiros traballos no suplemento cultural "Táboa redonda" de El Progreso e colaborou despois en revistas como Dorna e Xistral. En 1997 sae do prelo o seu primeiro libro, Finísimo po nas ás; posteriormente, publica os libros de relatos Unha soa man e outros intres (1999) e Un rabaño de ovellas brancas (2001). De 2002 é O libro dos aparecidos e, de 2012, Hotel Cidade Sur, tamén dedicados á narrativa curta. Como poeta é autor de Ailalalalelo de  auga (2001), Poesía en Ruta, Premio Fermín Bouza Brey en 2005, e Fornelos&Fornelos, primeira fundación, Premio Fiz Vergara Vilariño en 2011.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández