Entradas

Mostrando entradas de julio, 2015

"O vigairo.A monxa-frade.Agromar.Aucto de Santa María" de Xosé Filgueira Valverde

Imagen
Ola¡¡ Hoxe traio un libro " O Vigairo. A monxa-frade.Agromar.Aucto de Santa María " do escritor Xosé Filgueira Valverde . Editado pola Editorial Galaxia co motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas do ano 2015 que foi adicada a este escritor. Atopamos aquí un libro con diferentes relatos e que está encabezado por "O Vigairo". Son catro relatos ben distintos, non só pola súa temática senón tamén por o seu estilo literario xa que dous desesrelatos son narracións e os outros dous son  teatro. Non se caracterizan ningún dos catro por ser relatos longos, entre os catro forman un libro de cento cincoenta e nove páxinas, pero as súas temáticas dan moito que pensar. Na primeira narración, "O Vigairo" atoparedes un relato "costumista" no que se narra unha pequena parte da historia de Pontevedra. Filgueira Valverde achéganos a historia doutro tempo a través da vida de Xohán de Pontevedra, "o vigairo", un persoaxe moi impor

Novidades de Literatura Infantil da Editorial Galaxia

Imagen
Hoxe tráiovos unha das senccións máis chulas da Editorial Galaxia , a sección de Literatura Infantil, que ten un montón de novidades, unha sección doce e divertida como poucas.   " Un conto ao Revés" de Chuches Amil Título: Un conto ao Revés Autor: Chuches Amil ,  Ilustracións: Javi Prieto Editorial: Galaxia 2015 Colección: Sonárbore Nº Páxinas: 24 ISBN: 978-84-9865-620-6 P.V.P: 20,00 € Ive incluído  Nas cancións deste libro-disco vive unha historia protagonizada por dous nenos soñadores que soñan historias que son soños. No conto que o acompaña viven cancións para facernos rir e cantar. Preparado para vivir unha aventura singular? Pois entra¡¡  A ler. A escoitar. A soñar. "O becho que quería comer á avoa" de Rocío Leira Título: O becho que quería comer á avoa Autor: Rocío Leira Ilustracións: Cristina Nogales Aranda Editorial: Galaxia 2015 Colección: Árbore ; Árbore a partir dos 10 anos Nº páxinas:

"Fábula" de Xavier Alcalá

Imagen
Tiven nas miñas mans un libro de título " Fábula " do escritor Xavier Alcalá , editado pola Editorial Galaxia e  está cheo de memoria. Memoria sobre a historia de España e a historia de Galicia tamén. Esta novela publicouse por primeira vez en 1980 e recibiu o Premio Nacional da Crítica nese mesmo ano. Non é de extrañar que o recibira porque esta novela sin dúbida é diferente. Situada na época da Transición española, a través da voz dos seus persoaxes remontarémonos na historia ata a Guerra Civil española , é durante a guerra onde se desenrolan todos os males que despois treaerán unha ringleira de vinganzas. Os feitos nárranse aquí dunha maneira orixinal, pois nalgúns intres o autor utilíza o xénero periodistico e por outros o relato novelado ou o relato en primeira persoa o que fará da novela en xeral unha historia axil e rápida de ler, e moi entretida. Caciques, periodístas, políticos, traballadores,  matóns descerebrados e emigrantes que fuxen e volven co t

Xavier Alcalá

Imagen
Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de Telecomunicacións amais de colaborar na prensa, actualmente cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que seguiron títulos como A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996), e Alén da desventura , novela que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998.  Tamén é autor da triloxía "Evanxélica memoria" , na que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012 publicou a novela Verde oliva , sobre a revolución castrista en Cuba.

Día das Letras Galegas 2016: Manuel María

Imagen
Ó FALADOIRO chegan noticias de que no ano 2016 a Real Academia Galega dedica a Manuel María Fernandez Teixeiro o Día das Letras Galegas , e dicir, o 17 de Maio. Manuel María naceu en Outeiro de Rey, Lugo en 1929 e morreu no ano 2004 na cidade de A Coruña. Foi poeta, dramaturgo, narrador caracterizado polo seu compromiso e pola súa loita pola defensa da lingua galega. No ano 1943 trasladouse a Lugo, alí cursou o ensino secundario e alí comenzou a súa carreira literaria e participando nunha conferencia literaria coñeceu a  Pimentel, Anxel Fole, Cunqueiro, Carballo Calero entre outros, e a través deles tomou contacto co galeguismo. "Muñeiro de brétemas" foi o seu primeiro poemario, o autor so tiña dezanove anos, en 1950, o que faría del o poeta máis novo que publicaba en galego  naquela época.  Este poemario innauguraría a denominada "Escola da Tebra" Trasladouse a vivir a Monforte de Lemos onde traballou como procurador. Casa con Saleta Goi. P

Fragmento de "Fábula" de Xavier Alcalá

Imagen
"Meteuse no coche. O golpe da porta marcou un cambio no seu pensamento; sen podela coartar máis, alí estaba a idea refugada: ¿ por que gastar tanto diñeiro en  parvo e inútiles, oligofrénicos, babosos, rixosos, irrecuperbles? E após da idea logo viña un recordo: - O estado non pode gastar diñeiro en elementos impordutivos para a sociedade, amigo Fernández. - Non che digo que non. Pero matalos... - Non van  sufrir. - Quizais, Wolfgang, pero han sufrir os pais. - Iso non é certo. Os pais conscientes preocúpanse, desespéranse mesmo, cando un rapaz normal non é capaz de seguir o ritmo de aprendizaxe dos deus compañeiros. Daquela, imaxina o que pode ser veres que o teu fillo no é capaz de nada, non evoluciona, é sempre a mesma masa de carne... A maioría dos pais que teñen un fillo parvo preferirían velo morto. - ¿E logo por que non os matan? - Non os matan pero ocúltanos, como ben sabes. Non os eliminan por medo a lei. - Filicidio: sempreo foi punido, en todas