Fragmento de "Fábula" de Xavier Alcalá
"Meteuse no coche. O golpe da porta marcou un cambio no seu pensamento; sen podela coartar máis, alí estaba a idea refugada: ¿ por que gastar tanto diñeiro en parvo e inútiles, oligofrénicos, babosos, rixosos, irrecuperbles?
E após da idea logo viña un recordo:
- O estado non pode gastar diñeiro en elementos impordutivos para a sociedade, amigo Fernández.
- Non che digo que non. Pero matalos...
- Non van sufrir.
- Quizais, Wolfgang, pero han sufrir os pais.
- Iso non é certo. Os pais conscientes preocúpanse, desespéranse mesmo, cando un rapaz normal non é capaz de seguir o ritmo de aprendizaxe dos deus compañeiros. Daquela, imaxina o que pode ser veres que o teu fillo no é capaz de nada, non evoluciona, é sempre a mesma masa de carne... A maioría dos pais que teñen un fillo parvo preferirían velo morto.
- ¿E logo por que non os matan?
- Non os matan pero ocúltanos, como ben sabes. Non os eliminan por medo a lei.
- Filicidio: sempreo foi punido, en todas as sociedades, sen distinción da condición mental da criatura
- De acordo, Fernández. Pero nós agora estamos facendo unha nova sociedade, estamos anovando todos os esquemas, ímoslle mostrar a Europa o camiño que todos os europeos debemos seguir para sermos os rexedores do mundo, como sempre fomos."
Comentarios
Publicar un comentario