Antonio Piñeiro

Antonio Piñeiro naceu en Santa Uxía de Ribeira, en 1962. Publicou a novela As fiandeiras, coa que obtivo o Premio García Barros en 2011. É autor de preto dunha vintena de títulos. Dende o verán de 2004, é o promotor das edicións Bourel, á vez que membro do movemento Barbantia, eixes sobre os que desenvolve a súa presenza cultural e literaria. A súa novela A dama fulxente foi Premio Avilés de Taramancos en 2011, co relato Boxcar Blues acadou o accesito do Premio Modesto R. Figueiredo e, con A carreta, o Premio Valle Inclán de narración curta. No ano 2015 publica o ensaio A identidade fascinada, do que se fai recensión neste blog.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández