Beatriz Maceda Abeleira
Beatriz Maceda Abeleira, é a autora do libro infantil "O álbum de Garricha" publicado pola Editorial Galaxia.
Beatriz naceu na Coruña. A carón da súa casa estaba o mar, e a súa presenza tíñaa fascinada xa desde moi nena, mais nunca foi que de aprender a nadar. Iso si, fartouse de comer percebes, cando os percebes case eran tan baratos cama os flocos de millo.
Aos catro anos, por mor do traballo do seu pai, marchou vivir a Vilalba. Cambiaba o mar herculino poo río Madalena, no que nunca se lle ocorreu ni meter a punta dos pés. A auga estaba tan fria, que os seus amigos saían todos morados despois do baño. Nesta vila pasou parte da súa infancia e adolescencia, para logo regresar á Coruña, onde reside actualmente.
De nena viaxou moito e coñeceu moita xente: un neno que se chamaba Jum Hawkins, o fillo do dono dunha pousada chamada Almirante Benbow; deu A volta ao mundo en 80 días e coñeceu a Phileas Fogg, un refinado e excéntrico cabaleiro inglés que xogou a metade da súa fortuna nunha aposta contra o director do Banco de Inglaterra, a que era quen de dar a volta ao mundo en oitenta días. Tamén coñeceu O Principiño, que chegou ao noso planeta dun asteroide, o B 612.
E mentres gozaba de todas estas lecturas, imaxinaba que algún día tamén ela podería viaxar e coñecer persoas a través da creacion das súas historias. Por iso é escritora, e tamén é mestra, para escoitar o que lle contan os alumnos e alumnas, cos que comparte libros no club de lectura "Os Tusitalas", da biblioteca do colexio Raquel Camacho, na Coruña, no que dá clase de inglés.
Ten publicado Man. O alemán de Cameselle, e unha cadela blanca, Chispa, que sempre está ao seu carón.
Comentarios
Publicar un comentario