Literatura en galego interesante

De volta polo mundo das letras despois de tanto tempo, déixovos un pequeno lote de libros que para min teñen unha pinta estupenda para empezar o ano 2018 lendo.

TODO O MUNDO!! " de Anja Tuckermann

 Editorial: Hércules Ediciones
 Páginas: 40
 Encuadernación: Tapa Dura
 Ilustración: Tine Schulz
 Traducción: Rosa María Gómez Pato
 Idioma: Galego


Todas as persoas descendemos dos nosos antepasados en África e, por tanto, somos o froito de múltiples movementos migratorios. Desde sempre os seres humanos víronse empuxados a trasladarse por motivos moi diferentes: desde o desexo de coñecer novos lugares, por amor, para compartir saber ou habilidades ou para fuxir da fame, a guerra ou a persecución. Así se foron formando as diferentes culturas e así se foron constituíndo as nosas sociedades multiculturais actuais. As nenas e nenos deste libro proceden de todas partes do mundo e falan diferentes linguas, pero todos viven agora en Galicia. Algúns acaban de chegar, outros naceron aquí. A diversidade cultural pode ser moi enriquecedora, pero ás veces tamén é fonte de problemas orixinados polo descoñecemento e os prexuízos. E é por iso que, para asegurar unha boa convivencia, non hai nada mellor que coñecer cos nosos fillos aos nosos veciños e veciñas, tal e como propoñemos en “Todo ou mundo!”.
 
AS QUE MÁIS MOLAN!!! de Uxía Magín Blanco

Editorial : Galaxia
Páxinas : 24
Deseño : Carton 
Dimensións : 145 x 145
Data Publicación : 29/11/2017Colección : Sonárbore
ISBN : 978-84-9151-101-4
Edición : 1ª ed.Nº na colección : 1


Estamos de festa,

cumprimos 5 anos de viaxe enchendo vagóns de amizade e de alegría, pero tamén de convivencia e integración do diferente.
O noso maquinista Ruí e toda a familia María Fumaça celebrámolo reunindo un feixe de éxitos e dúas novas cancións para incorporar ás vosas favoritas. As que máis molan é a nosa maneira de demostrarvos o moito que vos queremos. Témosvos sempre no noso corazón.
BOA VIAXE!







































































Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández